A altitude salva a Trez (Laza) do Coronavirus!

Este es un sitio web satírico. No lo tomes en serio. Es una broma.

2059 26503 Compartes

Nunha pequena localidade do Val de Laza, chamada Trez, tras un profundo estudo científico realizado no dia de hoxe, os profesionais concluiron que esta aldea é o único lugar do mundo (polo momento) no que non pode chegar o Coronavirus debido ás súas características xeográficas, facendo especial referencia a un termo de altitude.
Isto pódese explicar polo gran distanciamento vertical que ten o asentamento desde a casa situada na parte máis inferior da aldea (eido de abaixo) e a que está na parte máis alta (eido de arriba).
Aproxímase que a altura entre estos dous puntos sería duns 400 metros en vertical e outros tantos en horizontal, o que provocaría o fenómeno que os científicos comezan a chamar "InmuniTrez".
A simetría perpendicular que se observa nesta concreción xeográfixa amosa unha forza centrípeta de atración combinatoria na que a terra e o aire xeran este espazo de seguridade fronte a contaxios.

ACTUALIZACIÓN 9/03/2020 21:05

Fontes cercanas a este medio de comunicación confirman que membros do governo municipal se reuniron fai escasos minutos co comité científico para debater as medidas que se tomarán nas vindeiras datas en referencia a peculiar característica inmunolóxica que posúe Trez. Ao finalizar a xuntanza, nunha breve rolda de prensa comunicouse que dende o Concello de Laza se prestará apoio a todos aqueles refuxiados istéricos e hipocondriacos que puideran iniciar nas próximas horas unha "peregrinación científica de prevención" por mor coronavirus, desprazándose ata esta pequena e olvidada localidade.
Estímase que Trez, non só multiplicaría por 10 o seu número de habitantes, senón que nas próximas semanas pasaría de ser un asentamento de escasas 20 persoas a 2000.

ACTUALIZACIÓN 9/03/2020 22:00

A primeira medida que se tomará en Trez será arranxar o alumeado público que leva en condicións deficitarias dende fai máis de dous anos. Os veciños bromeaban sobre o que está pasando no pueblo e dita medida: -"Que teña que chegar a merda esta pra que arranxen a luz... Róncalle o carallo, eso é o en conta que nos ten a nós os do Concello, deben pensar que como temos boas calles nas que tropezar é imposible, pra que raio quereremos as luces... "- Comentaba con retranca unha das habitantes mais anciáns de Trez.
As próximas medidas iranse desvelando nos vindeiros días e incluirán o desbroce e limpeza de todos os prados e fincas que se enmarquen dentro dos 400m de inmunidade establecidos. Isto permitirá a acampada dos refuxiados mentres se axilizan as obras de todas as vivendas, palleiras e currales existentes na aldea de Trez, que se realizarán financiadas integramente polo Governo local. As propiedades dos veciños das que non estean dando "uso e desfrute" serán expropiadas e pagadas aos propietarios cun prezo de 200 veces o seu valor, no caso de estar abandonada, e en ruinas e ata 500 veces o seu valor no casa de non precisar apenas reforma.
Os veciños comentan que estes inesperados ingresos, unidos a esta extraordinaria situación serán empregados para limpar e preparar o nunca recoñecido treito do Camiño de Santiago que une a parroquia das Eiras con Trez, que de forma non casual celebra a súa festa o 25 de Xullo, honrando ao patrón Santiago Apóstolo. Estas medidas resultan un tanto irónicas por facer alusión a unha peregrinación de orixe relixioso, causadas por outra peregrinación, neste caso peregrinación científica de prevención do Coronavirus.

ARP =)

Este es un sitio web satírico. No lo tomes en serio. Es una broma.

loading Biewty

Más popular

  1. 1

    el sexo ayuda a expulsar intrusos en los ojos Un estudio reciente de la universidad de Estanford Bridge, tener relaciones sexuales ayuda a dilatar las venas de los ojos, ayudando a expulsar cualquier intruso que este alojado en las fosas oculares y que causen molestias.

  2. 2

    primer encuentro con un ovni en chile En la madrugada de el jueves 13 de mayo, en un pueblo de la comuna de Valdivia llamado Angachilla un OVNI ha entrado en el espacio aéreo.Todos los radares del aeropuerto han identificado un OVNI en el radar. Sin ningún motivo aparente, el OVNI se tele-transportaba sin ninguna explicación. Todos los aviones tuvieron que alejarse de la pista ya que el OVNI no tenía intención de parar y no aterrizar. Al final acabó siendo un helicóptero del ejército que su tecnología permite desaparecer por unos minutos de los radares. Al final el helicóptero pidió perdón y se marchó.

  3. 3

    los patinetes eléctricos con seguro apartir de junio de 2021 Apartir del 23 de junio en España será de obligación tener un seguro contratado, el precio de este oscilará entre 22 y 78 euros mensuales

  4. 4

    primer encuentro con un ovni en espaÑa En la madrugada de el jueves 13 de mayo, en un pueblo de la Comunidad Valenciana llamado Manises un OVNI ha entrado en el espacio aéreo. Todos los radares del aeropuerto han identificado un OVNI en el radar. Sin ningún motivo aparente, el OVNI se tele-transportaba sin ninguna explicación. Todos los aviones tuvieron que alejarse de la pista ya que el OVNI no tenía intención de parar y no aterrizar. Al final acabó siendo un helicóptero del ejército que su tecnología permite desaparecer por unos minutos de los radares. Al final el helicóptero pidió perdón y se marchó.

  5. 5

    ¿cuando harán la colaboración blackpink y bts? Blackpink y BTS, son los dos grupos de kpop mas grande, por lo que muchos fans, ya quieren tener la colaboración de Blackpink y BTS, sus dos agencias (YG y Hybe) Ya dieron su fecha de colaboración, lo cual será la próxima semana se lanzara el teaser y el Miércoles se lanzará el video oficial